publicidade hoxe

A asociación de comerciantes de Viveiro pon en marcha a campaña “Shopping Weekend”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

A Asociación de Comerciantes Casco Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 15 e o sábado 16 de Novembro a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.

Unha oportunidade para pasar o fin de semana realizando compras nos 53 comercios participantes na campaña e gozar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda, calzado, complementos, artigos de deporte, lenzaría, xoias, mobles, decoración, perfumaría, beleza, xoguetes, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, etc.

Trátase de ofrecer ao cliente a mellor calidade, variedade e prezo, sen ter que desprazarse, comprando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

Os locais participantes estarán identificados cos distintivos da campaña, bandeirolas de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos pegados nos escaparates indicando aqueles que participan con artigos seleccionados como poden ser os estancos, librarías ou perfumarías. Deste modo para o cliente é moi doado identificar aqueles locais nos que poderá gozar da campaña de descontos.

É moi importante recordar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas deses dous días.

15 de novembro de 2013 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.