publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A adxudicación de 7 vivendas de promoción pública no antigo hotel comercio de Monforte e Pantón serán sorteadas pola Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLugoMonforte de LemosPantón
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) sorteou no día de hoxe sete vivendas de promoción pública rehabilitada por este organismo no antigo Hotel Comercio de Monforte, dúas delas, e no concello de Pantón, as cinco restantes. Nas dúas promocións, o organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas investiu case 2,3 millóns de euros.

No sorteo participaron os inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda no apartado de vivenda de promoción pública. Se ben no caso das vivendas de Monforte as vivendas sorteadas adxudícanse en réxime de alugueiro entre demandantes de idade inferior a 35 anos incluídos dentro do devandito rexistro.

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou a vontade da Xunta por colocar no centro da diana as políticas encamiñadas á construción de vivendas de promoción pública, consciente da necesidade de apoiar os cidadáns no alugueiro ou na adquisición do seu fogar e, máis, dixo, nun momento como o actual, no que as familias están a sufrir en primeira persoa os efectos da crise.

Unha prioridade que, como afirmou, reflíctese claramente na provincia de Lugo, onde se entregaron dende o ano 2009 un total de 600 vivendas dos 1.600 inmobles de promoción pública que se entregaron en toda a comunidade. A isto hai que sumar outras 147 que están en construción na provincia, cualificadas como de promoción autonómica.

No caso monfortino os dous inmobles corresponden a un proxecto desenvolvido pola Administración autonómica para a rehabilitación dun edificio situado na rúa Armando Cotarelo, no entorno histórico de Monforte, e no que o Executivo galego investiu máis de 1,5 millóns de euros (1.580.040 euros). As vivendas teñen unha superficie útil de 73 e 77 metros cadrados respectivamente, en ámbolos dous casos, dispoñen de dous dormitorios, incluíndo tamén:

• Sala de estar – comedor
• Cociña
• Lavadoiro- tendal
• Cuartos de aseo

No caso das vivendas sorteadas en Pantón, pertencen a unha promoción promovida polo IGVS mediante a rehabilitación das antigas vivendas de maestros da localidade. O Executivo galego investiu preto de 800.000 euros na modernización e reforma deste entorno.

No día de hoxe saíron a sorteo cinco vivendas de entre 82,80 e 85,42 metros cadrados, todas elas de tres dormitorios. Logo do sorteo, foron adxudicadas provisionalmente tres destas vivendas (dúas en réxime de alugueiro e unha en compravenda), quedando vacantes as dúas restantes.

Ao longo dos próximos días, as adxudicacións serán comunicadas mediante carta aos seus beneficiarios, que contarán a continuación cun prazo de dúas semanas para aceptar ou rexeitar a adxudicación.

25 de novembro de 2013 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.