Xornada de autoemprego e cooperativismo na Casa de Cultura de Tordoia
A Casa da Cultura do Concello de Tordoia acollerá o vindeiro xoves, 17 de outubro, unha xornada de autoemprego e cooperativismo, promovida pola Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes. Ademáis de dar a coñecer o funcionamento desta oficina, os seus obxectivos e finalidades, a xornada estará orientada a ofrecer información sobre todas as potencialidades do cooperativismo como creadore de emprego, especialmente no ámbito rural.
A xornada desenvolverase en horario de mañá, de 9.30h a 14h e contará coa presenza dun técnico da Rede Eusumo e coa experiencia do cultivo e comercialización do grelo así como permitirá coñecer a experiencia de cooperativas como Melisanto, Hortoflor ou Aseconia.
Dirixida a desempregados, emprendedores e empresas, a inscrición na xornada é de balde, xa que está impulsada pola Mancomunidade de Ordes, en colaboración coa Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, e conta co apoio da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social e o Fondo Social Europeo. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden inscribirse ata o mesmo día da celebración da xornada chamando ao Concello de 981 69 00 01 ou a través da Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes (981 680 002; manuel.pena@ordes.dicoruna.es)