publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha produtora coreana inicia o luns no Cebreiro a gravación dun documental sobre o Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMelidePalas de ReiPortada dereitaPortomarínSamosTriacastela
A-
A+

A produtora audiovisual coreana White Media está realizando un vídeo sobre o Camiño de Santiago e que servirá para elaborar cinco programas especiais que se emitirán pola canle de TV de Corea Yonhaps News TV como conmemoración do seu aniversario e durante o próximo mes de decembro. O título da serie de programas será Camiñando polo Camiño de Santiago. Turismo de Galicia, a través do Xacobeo, prestará a súa colaboración.

Turismo de Galicia proporcionará apoio loxístico á esta produtora dende a súa chegada a Galicia, que se iniciará o día 14 de outubro no Cebreiro. A produtora iniciou a súa peregrinación en Roncesvalles o pasado 2 de outubro. O próximo luns día 14, xa no Cebreiro, gravarán a Igrexa de Santa Mª do Cebreiro e pernoitarán no albergue. O día 15 gravarán o Alto de San Roque e o monumento ao Peregrino e pernoitarán no albergue de Triacastela. Despois percorrerán Samos, Portomarín, Palas de Rei, Melide e Pedrouzo, gravando diferentes aspectos relacionados coa Ruta Xacobea, o seu patrimonio e a súa gastronomía.

O 22 chegarán a Santiago e ata o día 26 gravarán o Monte do Gozo, a Colexiata de Santa María, a bendición do Botafumeiro e a Oficina do Peregrino e realizarán diversas entrevistas. Por último, o 26 trasladaranse a Fisterra onde gravarán o seu Faro e farán noite no seu albergue.

O equipo de White Media está composto por nove persoas entre produción, dirección, un especialista no Camiño de Santiago guionistas, cámaras e loxística.

Corea, o principal país asiático no número de peregrinos

Corea é o principal país asiático en canto á cifra de peregrinos procedentes dese país que recollen a Compostela na oficina de Acollida da rúa do Vilar. O pasado ano 2012 aportou 2.493 peregrinos que xa constituíron o 1,30% do total.

13 de outubro de 2013 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.