publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un investimento de un millón de euros permitirá ao Centro de Día municipal de Leiro contar con 58 prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLeiroLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

Un millón de euros serán destinados á construción dun centro de día municipal en Leiro (Ourense) con 58 prazas, que se converterá no primeiro público do concello e o segundo da comarca do Ribeiro. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou hoxe un convenio de colaboración co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, no que se reflicte que este orzamento, que se dividirá en catro anualidades, permitirá “garantir a calidade de vida dos maiores e ofrecerlles os mellores recursos e servizos”.

Beatriz Mato expuxo que así o demostran as máis de 2.800 prazas públicas postas a disposición dos galegos e galegas nos últimos catro anos en residencias, centros de día e centros de alzhéimer, unha cifra que supón un incremento de prazas do 42% con respecto ás que había en 2009. En concreto, na provincia de Ourense creáronse máis de 400 prazas para maiores, un 30% máis da oferta existente.

A titular de Benestar indicou que nesta aposta polo benestar dos maiores, estase a poñer en marcha un novo modelo de atención social, o modelo de carteiras, que vai centrar os esforzos nos servizos, e que se vertebrará a través de catro diferentes: a das persoas con dependencia, a das persoas con autonomía, a da familia e infancia e a da inclusión.

Mato engadiu que a colaboración entre as distintas administracións vai seguir sendo un piar fundamental para levar a cabo unha políticas sociais “eficientes, responsables e rigorosas”, tamén no eido do emprego.

Así, na Mancomunidade do Ribeiro, na que está incluída o concello de Leiro, desenvolverase un obradoiro de emprego para 20 persoas en situación de desemprego, no que se investirán máis de 175.000 euros nas especialidades de xardinería e axuda a domicilio.

En Galicia poranse en marcha un total de 50 obradoiros, que contarán cun investimento de máis de 9,5 millóns de euros e beneficiarán a preto de 1.300 galegos e galegas. Na provincia de Ourense darán comezo nas próximas semanas 11 obradoiros, con 234 alumnos e máis de 2 millóns de euros de investimento.

7 de outubro de 2013 | 23:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.