publicidade hoxe

Salceda de Caselas aproba as suas contas con superavit orzamentario e aforro neto positivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSalceda de Caselas
A-
A+

O pleno do concello de Salceda de Caselas ven de aprobar en sesión plenaria de carácter extraordinario realizada o xoves 03 de Outubro a súa conta xeral do exercicio 2012.

Os resultados da conta xeral que espuxo detidamente o concelleiro de Economía e Facenda José Luis González non deixaron lugar a dudas dunha recuperación económica nas finanzas municipais xa que facendo ‘’unha comparación cos resultados do ano pasado melloran notablemente datos como a liquidación do orzamento cun resultado presupostario axustado de 532.599,76 € de superávit, ou unha mellora do remanente de tesourería de máis do 60% con respecto ó ano pasado.

Na mesma liña de recuperación o concello optivo ó peche do exercicio 2012 un aforro neto de 507.570,37€.

O volumen da débeda viva que mantén o concello coas distintas entidades bancarias representa un 39,5% con respecto ós seus ingresos, cifra moi por debaixo da que ten o Estado que ronda o 100% ou do 75% que marca a lei para poder concertar novas operacións de crédito.
Destaca tamén o gasto do concello por habitante de 493,30€ e o investimento percapita de 61,56€.

José Luis Gonzalez, concelleiro de Facenda insiste en que “estanse saneando as contas do concello e os resultados económicos están sendo positivos nas finanzas municipais. Os datos económicos melloran o que nos permite estar ó día no pago das facturas, proba delo é a conta xeral que hoxe traemos a pleno para a súa aprobación”.

Marcos David Besada, alcalde de Salceda resalta que o concello non vai acometer suba de impostos ou taxas municipais posto que xa abondan as que veñen impostas dende o goberno do estado como a suba da urbana (IBI) ou do IVE, e que nestes momentos de apuros económicos entre a cidadanía habrá que reforzar o gasto social e manter todos e cada un dos servicios que presta o concello con garantías de cubrir tódalas necesidades dos veciños.

4 de outubro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.