publicidade hoxe

Publícanse os gañadores do concurso de fotografía da “XII Romaría Etnográfica Raigame 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

O Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense queren dar a coñecer os gañadores do Concurso de fotografía que anualmente convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame e que nesta ocasión, contra o que ten sido habitual dende a súa creación non foi fallado coincidido coa celebración das Festas do Cristal do pasado mes de setembro.

Un xurado formado Xulio Fernández Senra, Francisco Xavier Álvarez Campos, Xosé Lois Vázquez “Che” e Antonio Piñeiro, que actuou de secretario, analizaron a vintena de dos traballos presentados ao concurso, procedentes de moi diversos lugares da xeografía galega, acordando conceder os seguintes premios e mencións:

CONCURSO MELLOR SERIE FOTOGRÁFICA

Premio de 500 €:

Ao traballo presentado co título “Reminiscencias”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Inma Vilanova Romero, domiciliada en (Ourense).

Pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas, acordouse conceder dúas mencións especiais ás seguintes series:

Á serie titulada “Para que non se perda a memoria”, da autoría de Lorenzo Secades Alonso, domiciliado en Ourense.

Á serie titulada “Vilanova, pasado e presente”, da autoría de Ana Iglesias, domiciliado en Ourense.

CONCURSO MELLOR FOTOGRAFÍA

Primeiro premio de 300 €:

Ao traballo presentado co título “A arte está nas mans”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de Manola González Carballo, domiciliada no Carballiño (Ourense). Tfno. 988271490.

Segundo premio de 250 €:

Ao traballo presentado co título “Eu tamén quería tocar”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de José Izquierdo León, domiciliado en Burela (Lugo).

Terceiro premio de 200 €:

Ao traballo presentado co título “A la sombra de la torre”. Aberto o sobre, o traballo resultou ser de María Elena Abad Martínez, domiciliada en Ferrol (A Coruña).

O xurado acordou conceder accesits as seguintes fotografías que serán publicadas na revista Raigame e formarán parte da Exposición fotográfica que será organizada no marco do Outono Fotográfico de Ourense:

– “Pinga do bagazo”, de Aníbal Cid Babarro, domiciliado en Ourense.

– “Sen título”, de José Antonio Novelle Cao, domiciliado en Ourense.

– “Abrindo tradicións”, de Sara Cid Feijóo, domiciliada en Ourense.

– “Selando”, de Carmen Ferreiro Seoane, domiciliada en Burela (Lugo).

EXPOSICIÓN:

Todas estas fotografías poden ser contempladas dende a xornada de hoxe na Casa do Concello de Celanova durante todo o mes de outubro no marco do Outono Fotográfico, e durante o mes de novembro trasladarase ás instalacións da Escola provncial de Danzas, situadas no Centro Comercial “As Lagoas”.

31 de outubro de 2013 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.