publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Preto de rematarse as obras de mellora do firme da estrada LU-212 coa que se actúa en diversas zonas entre os núcleos de Taboada e Monterroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaLugoMonterrosoTaboada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, está a ultimar o remate das obras de mellora do firme da LU-212, nun tramo de preto de 10 quilómetros correspondente á vía que comunica as localidades de Taboada e Monterroso.

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, significou que “esta actuación servirá para mellorar a plataforma da vía e incrementar a seguridade da estrada”. No proxecto o Executivo galego inviste máis de 140.000 euros, cos que, segundo indicou Arias, se beneficiará directamente “ás preto de 10.000 persoas da área de influencia da estrada (que une Taboada co concello de Monterroso e co limítrofe de Antas de Ulla), así como ao resto de usuarios que empregan esta estrada con asiduidade”.

Co proxecto que está a piques de rematar esta semana “actúase para manter os niveis de calidade nos distintos elementos funcionais deste tramo da estrada LU-212, que en función do uso presenta nalgunhas zonas un progresivo deterioro”, aseguró Arias.

En concreto, os traballos de rehabilitación do firme lévanse a cabo nun tramo de arredor de 10 quilómetros, no que se executan traballos de mellora en distintas zonas localizadas dentro do devandito treito.

Mediante a actuación que se veu realizando nas últimas semanas fíxose unha rehabilitación estrutural de defectos no firme dos carrís de circulación, en especial, nos de entrada aos núcleos de Taboada e Monterroso. Esta rehabilitación consiste, fundamentalmente, na rexeneración e aportación dunha nova capa de aglomerado asfáltico a fin de uniformizar as condicións de adherencia neumático-pavimento.

Estes traballos de rehabilitación estrutural veranse complementados, en canto as condicións meteorolóxicas o permitan, pola correspondente execución das actuacións de repintado da sinalización, cos que se prevé que quede rematado o proxecto ao longo dos próximos días.

14 de outubro de 2013 | 23:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.