Pedro Brandariz, Rober Bodegas, Isabel Risco e Avelino González no ciclo de monólogos
Pedro Brandariz, Rober Bodegas, Isabel Risco, e Avelino González, todos por esta orde, protagonizan o primeiro Ciclo de Monólogos de Negreira. Durante catro venres consecutivos desde este venres 11 de outubro, sempre ás 21.30 horas, e con entrada de balde no Auditorio do Centro Sociocultural.
O ciclo pretende animar desde o punto de vista cultural o comezo do outono en Negreira. Está promovido pola Concellaría de Cultura do Concello de Negreira, co respaldo do Agadic, dependente da Consellería de Cultura.