Os residentes de Dodro en Arxentina organizan unha Festa Galega en Bos Aires
O vindeiro 17 de novembro, a cidade de Bos Aires, en Arxentina acollerá unha Festa Galega, con comida e baile, dos residentes de Dodro no país latino. Xunto coa unión de residentes de Dodro en Bos Aires acudirá o alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza. O alcalde agasallará aos dodrenses residentes en Bos Aires cun vídeo de Dodro con imaxes do concello e saúdos e recordos de moitos familiares e amigos, elaborado polas persoas que asisten aos talleres de memoria de adultos.