publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os beneficios do canon eólico repercuten en Santa Comba con máis de 400.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaSanta Comba
A-
A+
Rueda durante a visita a Santa Comba

Rueda durante a visita a Santa Comba

O apoio económico que reciben as arcas dos concellos galegos grazas á implantación do canon eólico benefíciase por primeira vez das explotacións eólicas que teñen no seu territorio.

Alfonso Rueda visitou o concello de Santa Comba para coñecer de primeira man algunhas das liñas de colaboración que mantén coa Xunta, concretamente os investimentos realizados este ano ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, coma a mellora da eficiencia enerxética e unha instalación de placas solares na piscina municipal.

Ademais, este concello ao longo dos catro anos que leva en marcha o Fondo de Compensación Ambiental recibiu máis de 400.000 euros, que ten dedicado a uns investimentos que redundan ao tempo en beneficio dos seus veciños e do medio ambiente.

Así, desde 2010 o fondo axudou ao saneamento e recuperación ambiental de zonas do concello, a adquirir maquinaria para levar a cabo labores medioambientais ou a habilitar saneamentos en varias parroquias do concello.

Ao longo destes catro anos que leva en marcha o canon eólico ten achegado aos concellos galegos case 40 millóns de euros. Repercute especialmente nos concellos pequenos e do interior de Galicia, onde se concentran maior número de aeroxeneradores.

O Fondo representa un triplo beneficio, xa que mellora a situación económica dos concellos galegos, especialmente dos máis pequenos; contribúe ao mantemento do medio ambiente e da natureza, e redunda positivamente no reequilibrio territorial da nosa comunidade, xa que beneficia sobre todo aos concellos do interior de Galicia

1 de outubro de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.