publicidade hoxe

Obradoiro de gravación de vídeos con teléfono móbil Proxecto “Vimianzo. Do mar á terra”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

O Concello de Vimianzo, promotor do proxecto de dinamización turística, “Vimianzo. Do mar á terra”, realizará o vindeiro luns 28 un curso de gravación de vídeos con teléfono móbil. A actividade terá lugar ás 17.00h na Casa da Cultura de Vimianzo.

Durante o curso, dirixido á poboación en xeral, daranse nocións básicas sobre como gravar un vídeo co móbil, como encadrar, duración adecuada para o visionado en redes sociais / Internet e bos e malos hábitos, entre outras cuestións.

“Vimianzo. Do mar á terra” é un proxecto de dinamización turística financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira GAC3. O seu obxectivo é a valorización dos produtos do mar como recurso turístico, par ao seu uso en propostas experienciais vinculadas á gastronomía do mar e ao importante carácter histórico da capital soneirana.

 

25 de outubro de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.