publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O idioma luso promóvese en 11 centros educativos galegos a través do programa de lingua e cultura portuguesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA GuardaLocalOímbraOurenseOurensePontevedraPortada dereitaRianxoSantiago de CompostelaValgaVerínVigo
A-
A+
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, recibiu a profesores do Programa Lingua e Cultura Portuguesa. /Foto: Xoán Crespo

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, recibiu a profesores do Programa Lingua e Cultura Portuguesa. /Foto: Xoán Crespo

A aprendizaxe do idioma luso en 11 centros educativos galegos a través do Programa de Lingua e Literatura Portuguesa é unha iniciativa enmarcada no espazo de cooperación institucional existente entre España e Portugal en materia educativa e cultural. O Programa empezou a desenvolverse, con carácter experimental, en centros de educación infantil e primaria, nos que existía un número significativo de alumnas e alumnos de orixe portuguesa ou lusoparlante, e tense xa integrado na rede oficial portuguesa de cursos de ensino no exterior. Neste momento estudan portugués como segunda lingua extranxeira 799 alumnos e alumnas en centros educativos galegos.

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, reuniuse hoxe na Consellería con 2 das 4 docentes implicadas neste programa, en concreto Carla Sofía Pereira e Fátima Isabel Ramos. Ademais delas, imparten clases ao abeiro desta iniciativa Nélio Nunes e Carla Susana Santos. Os catro prestan o seu apoio ao ensino da lingua e cultura portuguesa en centros da provincia da Coruña, Ourense e Pontevedra, en concreto nos IES Felix Muriel (Rianxo), e Arcebispo Xelmírez I (Santiago Compostela); nos CEIPs Oímbra (na localidade do mesmo nome), Princesa de España (Verín), Mariñamansa (Ourense); nos IES 12 de Outubro e O Couto (ambos na cidade das Burgas); e nos IES da Sangriña (A Guarda), Valadares (Vigo) e de Valga (na localidade do mesmo nome).

Con este programa a Consellería busca promover a lingua e cultura portuguesa a través do ensino, como materia optativa desta lingua no currículo dos centros públicos da Comunidade Autónoma; potenciando ao mesmo tempo o respecto pola diversidade cultural, co fin de afondar na formación de cidadáns libres, responsables e participativos nunha sociedade multicultural. Así mesmo, procúrase favorecer a integración escolar do alumnado portugués e lusoparlante, mantendo as súas referencias lingüísticas e culturais. Ademais cómpre sinalar o especial interese que a lingua lusa ten como medio de comunicación e entendemento entre os pobos galego e portugués.

14 de outubro de 2013 | 23:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.