O ballet Nacional de Odessa representará “El Lago de lo Cisnes” en Vilalba
O próximo día 2 de novembro, o auditorio Carmen Etévez de Vilalba acollerá o ballet «El lago de los Cisnes» a cargo do ballet Nacional de Odessa.
As entradas xa están á venda na Casa da Cultura ao prezo de 14 € anticipada e en taquilla a 18 €, os nenos con entrada única de 6 €.
«El lago de los Cisnes» é unha obra en catro actos, con música de Tchaikovsky, con coreografía de Marius Petipa e Lev Ivanov.
A función, que comezará ás oito e media da tarde, contará con máis de 50 artistas sobre o escenario.