publicidade hoxe

O alumnado de Bergongo recibe un premio do IGC por un video para a promoción do ocio responsable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondoLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo (IGC), Sol Vázquez Abeal, fixo esta tarde entrega a catro alumnos do municipio coruñés de Bergondo do premio do concurso de vídeos sobre consumo responsable organizado polo IGC a través das redes sociais.

A iniciativa enmárcase dentro do programa Lecer Consumo, que achegou este verán o consumo responsable a preto de 900 persoas nun total de 23 concellos galegos, a través de diferentes actividades lúdicas e participativas centradas nos xogos populares.

Entre as actividades desenvolvidas pola Escola Galega de Consumo, dependente da Consellería de Economía e Industria, incluíase a xincana de Lecer e Publicidade, para rapaces de 9 a 16 anos. Como resultado final do aprendido na actividade incluíase a gravación dun vídeo que promocionase algunha actividade de lecer existente no seu concello.

A Escola Galega de Consumo publicou no seu facebook os 26 vídeos participantes de 11 concellos diferentes. Despois de 15 días de votacións, o vídeo elaborado en Bergondo foi o que recibiu máis votos.

No acto, Sol Vázquez Abeal destacou a importancia da formación para a protección efectiva dos dereitos dos consumidores e usuarios, lembrando que a Escola Galega de Consumo ofrece cada ano formación a máis de 10.000 persoas cada ano.

23 de outubro de 2013 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.