publicidade hoxe

Melloras no pavillón polideportivo municipal de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O Concello de Pontecesures rematou as obras de mellora e mantemento do pavillón municipal de deportes. Consistiron na reparación de humidades na parede perimetral, limpeza da canaleta exterior e repintado das paredes da cancha. Con estas actuacións preténdense solventar os problemas de humidades que arrastra dita instalación debido a súa antiguidade e uso. Ademais marcáronse dúas novas canchas de minibasket e está prevista a mellora da iluminación da cancha nos próximos días.

7 de outubro de 2013 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.