publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Inicio das clases da escola de música e teatro municipais con máis de 100 inscricións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Despois de finalizados os correspondentes prazos de inscrición, durante a semana que vén darán inicio as clases da escola de música e teatro municipais, sumando máis de 100 inscricións entre as dúas.

No caso da Escola de Música, suman un total de 55 alumnos/as de idades comprendidas entre os 5 e os 60 anos. Este curso impartiranse clases de ritmo e movemento, de linguaxe musical, vocais e de diversos instrumentros (guitarra, piano, acordeón, frauta…) durante os 5 días da semana en horario de 5 a 9 .

No caso da Escola de Teatro, as persoas inscritas, ascenden a un total de 50. O rango de idades neste caso abrangue dende os 3 anos de idade ata case os 50. Neste caso, as clases levaranse a cabo un día á semana, os venres en horario de 6 da tarde a 22:30 horas no salón de actos municipal.

31 de outubro de 2013 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.