publicidade hoxe

Campaña de recolleita de alimentos e produtos de hixiene para destinalos ás familias con maiores necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNegreira
A-
A+
Cartel promocional da campaña de recollida de alimentos

Cartel promocional da campaña de recollida de alimentos

A asociación de Amas de Casa de Negreira, en colaboración co departamento municipal de Servizos Sociais, veñen de por en marcha por segundo ano consecutivo unha campaña de recolleita de alimentos e produtos de hixiene para destinalos ás familias con maiores necesidades do noso concello, e cuxa axuda seralles entregada con vistas ás festas navideñas.

A concelleira de Servizos Sociais, Cintia Picado Costa, sinalou que a crise aumentou o número de familias que demandan axuda, de aí, que apele á colaboración dos veciños mediante a doazón de produtos non perecedoiros nos puntos habilitados ao afecto nos supermercados Casa Lula, Gadis, Día, Eroski, Froiz e Feiraco.

Ademáis, a asociación de Amas de Casa abrirá o seu local no antigo instituto, tódolos martes e os xoves, de cinco a oito da tarde para particulares e empresas que queiran entregar alí as súas axudas

7 de outubro de 2013 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.