publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cambio de titularidade das estradas AC-862 (Ferrol – Límite provincia) e AC-110 (As Felgosas – Espiñaredo) a prol de Moeche

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaLocal PortadaMoechePortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica o decreto de cambio de titularidade dun total de nove treitos antigos das estradas AC-862 (Ferrol – límite provincia) e AC-110 (As Felgosas – Espiñaredo), a prol do Concello de Moeche. Os treitos transferidos abranguen unha superficie total 1,6 quilómetros e sitúanse nos seguintes puntos quilométricos:

Estrada autonómica AC-862 (Ferrol – límite provincia):
1. PQ: 24+452 ao PQ:24+633 marxe dereita.
2. PQ: 24+663 ao PQ:24+740 marxe esquerda.

Estrada autonómica AC-110 (As Felgosas – Espiñaredo):
3. PQ: 3+037 ao PQ:3+460 marxe esquerda.
4. PQ: 3+560 ao PQ:3+710 marxe dereita.
5. PQ: 3+795 ao PQ:3+923 marxe dereita.
6. PQ: 4+244 ao PQ:4+523 marxe esquerda.
7. PQ: 7+824 ao PQ:8+037 marxe dereita.
8. PQ: 8+050 ao PQ:8+238 marxe esquerda.

O cambio de titularidade que foi solicitado polo Concello de Moeche á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inclúe restos antigos das estradas mencionadas que quedaron fóra do itinerario principal como consecuencia das obras realizadas nelas.

O expediente tramitouse ao abeiro da vixente Lei de estradas, que establece que os cambios de titularidade se aprobarán por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas, e que as vías autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos concellos respectivos.

Polo tanto, en aplicación da Lei de estradas de Galicia, as entidades locais, no marco das súas competencias e de acordo cos correspondentes plans de estradas, aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.

De acordo co exposto, o Concello de Moeche deberá incorporar ao seu Plan de estradas a vía a que se refire este decreto.

A entrega dos treitos formalizarase no prazo de dous meses tras a súa publicación no DOG, e o Concello da Moeche converterase no responsable de todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía, así como do exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra.

31 de outubro de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.