publicidade hoxe

As obras da travesía da Tarroeira chegan a última fase por un importe de 68.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

Actualmente estase levando adiante no Concello de Tordoia a última fase do proxecto de execución da travesíA da Tarroeira, a cargo da empresa Oviga e por un importe de 68.000 euros. Trátase dun tramo de 400 metros que permitirá dar por rematados os traballos neste lugar, na parroquia de Castenda, co obxectivo de mellorar a seguridade vial dos seus veciños, que contan así cun beirarrúas cunha lonxitude dun quilómetro a ambos lados da estrada estrada provincial CP 8401, un dos puntos que frecuente tráfico de vehículos.

Desde o Concello de Tordoia anunciouse, ademais, que estes traballos completaranse coa contratación de ampliación e mellora da rede de saneamento existente por un importe de 70.300€, unha obra que está financiada ao 100% pola Deputación Provincial da Coruña, e que permitirá dotar tamén de servizos de saneamento con instalación de nova depuradora, recollida de pluviais, e abastecemento de augas.

Esta obra levouse adiante en varias fases, polo que o importe total do investido neste punto da parroquia de Castenda supera os 600.000 € coa finalidade de mellorar a seguridade vial no tramo situado no lugar da Torreira.

31 de outubro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.