publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal recibirán dotacións para mellorar os camiños e a seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CapelaA CoruñaAresAs PontesAs SomozasCabanasCariñoCedeiraCerdidoFeneFerrolLocal PortadaMañónMoecheMonferoMugardosNarónNedaOrtigueiraPontedeumePortada esquerdaSan SadurniñoValdoviño
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar, achegará 4,53 millóns de euros aos concellos da Coruña para promover obras de mellora de dotacións rurais. Deste importe, 917.536 euros serán para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

As axudas realizadas mediante o Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), teñen como obxectivo fundamental impulsar a modernización e reforma das vías interiores que serven para a comunicación das zonas rurais dos distintos concellos.

Na distribución dos orzamentos tivéronse en conta distintos criterios consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), como o número de habitantes, a superficie do municipio, o coeficiente de agrariedade, o despoboamento ou o envellecemento da poboación.

As actuacións que se levarán a cabo con este programa redundarán na mellora da seguridade viaria dos usuarios e facilitarán unha forma de transporte máis cómoda. A importancia do plan que servirá para manter en bo estado de conservación os camiños e pistas rurais, que en moitos casos son o único acceso posible para numerosos núcleos de poboación.

Con estas partidas, serán os propios entes locais os que poderán executar as obras que consideren oportunas, axustándose ao montante das respectivas subvencións, que serán dispostas en dúas achegas: ao longo deste ano e do 2014.

Por concellos, as achegas serán as seguintes:

CONCELLOS
 

ARES

33.496 €

CABANAS

34.951 €

A CAPELA

37.697 €

CARIÑO

36.325 €

CEDEIRA

53.526 €

CERDIDO

37.588 €

FENE

41.577 €

FERROL

39.014 €

MAÑÓN

38.575 €

MOECHE

37.187 €

MONFERO

58.527 €

MUGARDOS

31.557 €

NARÓN

47.365 €

NEDA

37.456 €

ORTIGUEIRA

91.725 €

PONTEDEUME

36.567 €

AS PONTES

67.397 €

SAN SADURNIÑO

60.949 €

AS SOMOZAS

43.843 €

VALDOVIÑO

52.214 €
   
TOTAL
917.536 €
6 de outubro de 2013 | 00:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.