publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As adegas galegas incrementaron máis dun 30% as exportacións nos últimos 5 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArboAs NevesCambadosLocalLocal PortadaMeisO GroveO RosalPontevedraPortada dereitaSalvaterra de MiñoSanxenxoSoutomaiorVedra
A-
A+
Visitando a adega Paco e Lola

Visitando a adega Paco e Lola

O sector vitivinícola galego incrementou máis dun 30% as exportacións nos últimos 5 anos. Así o destacou esta mañá a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, no transcurso da visita que realizou ás bodegas Martín Códax, Condes de Albarei e Paco e Lola, pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas. Na visita tamén estivo o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.

A titular de Medio Rural e Mar lembrou que se incrementaron nun 50% as achegas públicas para internacionalizar o viño galego, ata acadar a cifra de 1,5 millóns de euros contribuíndo así a fixar o seu posicionamento internacional.

Rosa Quintana tamén trasladou que neste exercicio se triplicou o investimento no sector vitivinícola galego, ata acadar os 3,5 millóns, co fin de estruturar a produción, promover a profesionalización e facelo máis competitivo nos mercados foráneos.

Denominación de Orixe Rías Baixas

A zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Rías Baixas localízase na provincia de Pontevedra e no sur da provincia da Coruña, organizándose en cinco subzonas: Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla. Actualmente están rexistrados nesta D.O. un total de 6.712 viticultores e 177 industrias. O volume de actividade no pasado ano foi de 17,5 toneladas de uva, supoñendo un viño cualificado de 18 millóns de litros.

16 de outubro de 2013 | 23:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.