Apróbase a relación de estradas de titularidade municipal do Concello de Amoeiro
O Diario Oficial de Galicia publica o decreto polo que o Goberno galego aproba a relación e clasificación de estradas de titularidade municipal do Concello de Amoeiro. A administración local solicitou ao Executivo autonómico a aprobación de estradas de titularidade municipal, do devandito concello ourensán, coa petición de que foran consideradas como redes secundarias. En total este concello xestionará e conservará un total de 70 viais que suman preto de 60 quilómetros de lonxitude.A Lei de Estradas de Galicia, atribúe ao Consello da Xunta de Galicia, a competencia para aprobar a relación de clasificación de estradas de titularidade das entidades locais, en defecto do correspondente Plan.