publicidade hoxe

Adai acolle a poxa de 16 novillas preñadas e dous novillos na tradicional subasta de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoO Corgo
A-
A+

O recinto feiral de Adai, no municipio do Corgo, acolle mañá, a partir das 12.00 horas, a subasta de 16 novillas preñadas de idades comprendidas entre os 18 e 28 meses e de dous novillos de 17 e 18 meses. Os animais que se presentan a esta poxa, unha das máis importantes do ano para os criadores de rubia galega, proceden do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, e de 6 explotacións de gandeiros de Acruga. Esta asociación levará á subasta un total de 9 novillas, mentres que outras 5 e os 2 machos, pertencen a gandeiros particulares. O prezo de saída para as reses de Acruga será de 1.800 euros, a mesma cantidade que fixaron os gandeiros propietarios do resto de novillas. Só unha delas partirá cun prezo de 2.100 euros. Pola súa banda, o prezo de saída dos dous machos oscilará entre os 1.600 e os 1.800 euros.

Os interesados en participar na subasta poderán retirar a tarxeta unha hora antes do comezo da poxa, no mesmo recinto feiral de Adai. Os compradores terán unha axuda de Caixa Rural de 200 euros por femia e de 300, por macho.

Pese á diferente procedencia das reses, todas elas contan con absolutas garantías sanitarias. Así, Acruga, como asociación organizadora, é a encargada de coordinar e solicitar a realización dos controis para comprobar que todos os animales estean libres de IBR, BVD, paratuberculosis e neospora, ademais de contrastar que proceden de explotacións oficialmente saneadas.

As gandeirías que este ano levan animais á poxa de Adai pertencen ós municipios de Lugo, Sarria, Castroverde e As Nogais.

Expectativas

Para o presidente da Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, César Dorado, “as previsións para esta nova subasta son boas, porque tradicionalmente as poxas celebradas en Adai sempre son multitudinarias, moi animadas e con boas vendas”. Non hai que olvidar que O Corgo é un dos municipios máis importantes no que a explotacións de rubia galega se refire. De feito, na actualidade o censo neste concello é de 4.228 animais desta raza, o que sitúa a O Corgo como un dos municipios con maior presenza de explotacións de rubia galega do país. Sen embargo, para César Dorado, estas non son as únicas razóns. Neste senso explica que “igual que outros anos, a de Adai de outubro é a ultima das subastas do ano e iso anima á xente a comprar. Ademais, os pensos baixaron e o prezo da carne tivo un repunte, polo que espero que todo iso favoreza á subasta e ás vendas”.

25 de outubro de 2013 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.