publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Fundación Monte do Gozo fomenta a reinserción de mozos a través da actividade agrícola e silvícola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaVal do Dubra
A-
A+
Rosa Quintana na visita ás instalacións

Rosa Quintana na visita ás instalacións

As instalacións da Comunidade Terapéutica de Cernadas, no concello coruñés de Val do Dubra, e pertencente á Fundación Monte do Gozo foron visitadas pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana quen destacou a importancia da colaboración entre ambos organismos para fomentar a reinserción de mozos e mozas a través da actividade agrícola mediante o Proxecto Home. Na visita tamén estivo presente o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto.

Rosa Quintana coñeceu o traballo que se leva a cabo nos campos de ensaio, nunha superficie de 2.000 metros cadrados cubertos e 8.600 metros cadrados ao aire libre. Nesta superficie realízanse demostracións de métodos de cultivos hortícolas, que son amosados á propia Consellería do Medio Rural e do Mar e aos agricultores da zona, mediante xornadas ao longo do ano, para que estes tamén coñezan os resultados obtidos nos labores de experimentación en materia de silvicultura.

Todas estas actividades están enmarcadas nun convenio de colaboración anual entre a Consellería e a Fundación Monte do Gozo, por un importe que ascende a 25.650 euros. O departamento que dirixe Rosa Quintana é o encargado de controlar as citadas actividades e asesorar aos beneficiarios da Fundación.

Fundación Monte do Gozo

Na actualidade, esta Fundación atende diariamente unha media de 459 mozos, sendo xa 2.739 as altas terapéuticas que finalizaron totalmente o seu proceso de rehabilitación e reinserción social. A colaboración entre ambos organismos permite formar aos mozos beneficiarios en materias vinculadas á actividade agraria e de silvicultura, en especial, naquelas na que a súa potencialidade supoña unha alternativa con proxección cara ao emprego rural.

22 de outubro de 2013 | 23:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.