publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A cooperación entre municipios unha aposta para gañar eficiencia e maiores beneficios para os cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCurtisLocalLocal PortadaSobradoVilasantar
A-
A+
Aposta pola cooperación entre municipios

Aposta pola cooperación entre municipios

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron o Concello de Vilasantar, onde mantiveron unha xuntanza co seu alcalde e os seus homólogos de Curtis e Sobrado dos Monxes, que se agruparon para compartir o CIM.

Concretamente, estes tres concellos serán atendidos polo Centro de Información á Muller de Curtis, que este ano recibe máis de 28.000 euros a través da orde de axudas e subvencións de entidades locais da Secretaría Xeral da Igualdade. Atendendo ao resto de liñas de axuda da orde -promoción da igualdade e conciliación-, a subvención que recibe no seu conxunto os tres concellos supera os 36.000 euros.

López Abella destacou a aposta do Goberno galego pola cooperación entre municipios e a prestación conxunta de servizos, que tan ben materializan Vilasantar, Sobrado e Curtis ao compartir o CIM deste último. Unha cooperación pola que se seguirá apostando, xa que redunda nunha maior eficiencia e en beneficios para os cidadáns.

Esta cooperación ten permitido que as axudas para fomentar a igualade atendan máis concellos, máis territorio e máis cidadáns; pasando de 120 concellos beneficiados o ano pasado aos actuais 203. No caso concreto dos CIM, o número de concellos atendidos incrementouse de 90 a 139; aumentouse a súa cobertura territorial e deste xeito tamén se incrementou considerablemente o número de potenciais usuarias.

O CIM de Curtis atendeu a 513 persoas o ano pasado e conta con dúas traballadoras, destinadas ao asesoramento xurídico e psicolóxico. Ademais, desde o ano pasado Curtis e Vilasantar están adheridas á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, un instrumento que busca conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizar á poboación contra esta lacra e fomentar modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

18 de outubro de 2013 | 00:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.