publicidade hoxe

A cidade herculina contará cun trofeo Teresa Herrera feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes PortadaLocal Portada
A-
A+
Presentación da competición

Presentación da competición

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da celebración do I Trofeo Teresa Herrera feminino, unha iniciativa que nace con vocación de continuidade e que é unha nova mostra do compromiso do Goberno local co fomento da igualdade, tamén a través do deporte. Esta acción, ademais, responde á petición efectuada pola Asociación de Xogadoras Españolas de Fútbol e a MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas).

Tras 67 anos de celebración, o Teresa Herrera contará cunha versión feminina que este ano se disputará o vindeiro luns 7 de outubro ás 19.30 horas no campo municipal de fútbol Rodrigo García Vizoso (Grela 1) e enfrontará a dous dos clubs con equipo feminino máis destacados da cidade: o Vitoria Club de Fútbol e o Orzán Sociedade Deportiva. Ademais, nesta primeira edición, os organizadores queren render homenaxe ao Club Karbo, equipo fundado en 1969, pionero na cidade en fútbol feminino. A xornada complétase con dous relatorios ás 17.30 horas a cargo de Lola Romeu Martín, presidenta do Atlético de Madrid feminino e Nacho Quereda, seleccionador nacional feminino.

Esta mesma mañá, o concelleiro recibiu á presidenta de MUDEGA, representantes dos clubs Vitoria, Orzán e Karbo e ao presidente da Asociación Galega de Adestradores.

2 de outubro de 2013 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.