publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

132 puntos limpos en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA VeigaFeneLocalLocal PortadaNigránPortada dereitaSadaTrabada
A-
A+

A comunidade galega dispón de 132 instalacións de puntos limpos e completaranse con 5 máis que están en tramitación ou construción (Fene, Sada, Trabada, A Veiga e Nigrán).

A Consellería de Medio Ambiente, publicou unha Guía de clasificación de residuos en puntos limpos. Neste manual inclúese información de utilidade para os operarios sobre a xestión dos distintos tipos de residuos, pretendendo que a través dunha mellor formación se maximicen as posibilidades de recuperación, reciclaxe e valorización dos diferentes materiais achegados. Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa de Vixilancia e Control dos Puntos Limpos que a Consellería desenvolve co fin de prestar asesoramento e avaliar a xestión que se fai dos residuos.

O Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos 2010-2020, no que se enmarcan este tipo de instalacións, prevé o aumento da rede de puntos limpos, coa consecución de 296 infraestruturas na comunidade galega.

12 de outubro de 2013 | 00:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.