publicidade hoxe

Varacuncas de Rodeiro e Pao de Buxo de Silleda resultaron gañadores do Certame de música Interritmos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal PortadaPontevedraProvinciasRodeiroSilleda
A-
A+
Entrega de premios

Entrega de premios

O pasado sábado 14 de setembro celebrouse no Centro Cultural Manuel Lamazares de Rodeiro, o Certame de Musica Interritmos.
Os 2 grupos gañadores participarán na gravación dun CD repertorio, xunto con outros grupos de música tradicional procedentes de Galicia, Cantabria, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Editaranse 22.000 copias do disco e serán distribuídas promocionalmente por toda a xeografía española.

O xurado estivo integrado por tres expertos en temas musicais Antonio Taboada Martínez, que remato os seus estudos superiores no conservatorio “Artez Hogeschool voor de Kunsten” Zwolle (Holanda) e na actualidade exerce de profesor de frauta na escola de música municipal de Negreira, na escola de música da Banda de Agolada e no Conservatorio Profesional de música de Lalín como profesor de frauta e solfexo; Benxamin Otero Otero, co título de profesor polo Conservatorio Profesional de Música de Lalín (Pontevedra) na especialidade de Óboe e dende o ano 2001 co título de profesor superior no Conservatorio de Santiago de Compostela; e Nilo García Armas, diplomado en Educación Musical, e estudos superiores nos conservatorios de Vigo e A Coruña. Profesor do conservatorio da Xunta de Galicia director e profesor da Escola de Música Municipal de Agolada.

No concurso participaron 6 grupos da Bisbarra no que estaban integrados máis de 50 músicos, Varacuncas de Rodeiro, Pao de Buxo de Silleda, A Carballeira de Cercio de Lalín, o grupo de Gaitas Xirandolade Silleda, Os Trasnos de Doade de Lalín, e os Gaiteiros dá Pereiriña de Silleda, quedando estes cuato últuimos de suplentes, nesta orde, por se se dese o caso de que calquera dos grupos gañadores renunciase ao premio ou non puidese participar na gravación por calquera outro motivo.

16 de setembro de 2013 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.