publicidade hoxe

Teatro e lírica na gala que ofrece O Noso Lar en Vilagarcía para axudar a unha familia da parroquia da Xunqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Asociación de Amas de casa e Consumidores O Noso Lar volve a poñer de manifesto a súa cara máis solidaria organizando un novo festival benéfico. A gala, na que haberá teatro e lírica, celebrarase o sábado 7 de setembro do Auditorio e a recadación pola venta das entradas destinarase a axudar a unha familia necesitada da parroquia da Nosa Señora da Xunqueira. A iniciativa conta coa colaboración da Concellería de Cultura, da parroquia da Xunqueira e da Fundación Galega Contra o Narcotráfico.

O espectáculo deseñado por O Noso Lar para a velada do sábado contará con tres partes. Na primeira terá lugar a actuación máis tradicional dos festivais que organiza este colectivo: a actuación do seu grupo de teatro, todo un clásico e unha das pezas máis esperadas por moitos vilagarciáns.
Na segunda parte da gala, Luisa Gundín será a encargada de dramatizar o romance de Rafael León, “La voz en la sangre”, interpretación que revestirán musicalmente a soprano de Carril, Loli Crespo, e o pianista Alejo Amoedo. Mentres que a música adquirirá todo o protagonismo na terceira e última parte do programa coas actuacións das sopramos Loli Crespo e Marian Rodríguez, que tamén contarán co acompañamento ao piano de Alejo Amoedo.

O festival benéfico de O Noso Lar celebrarase o sábado a partir das 21:00 horas no Auditorio. As entradas custan 3 euros e xa se poden adquirir nas oficinas da propia asociación de Amas de Casa e Consumidoras, sitas no segundo andar do Auditorio, en horario de 11 a 13:30 horas. Tamén están á venta na parroquia da Nosa Señora da Xunqueira de 20:00 a 22:00 horas e na sede da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, sita na Praza de Galicia, de 10 a 13:30 horas. O día da función poderanse adquirir na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.

A concelleira de Cultura, Rocío Llovo, gabou a vertente solidaria que desenvolve a asociación de Amas de Casa e Consumidores O Noso Lar e que se materializaza cada ano coa organización de diferentes iniciativas en beneficio das persoas e colectivos que máis o precisa. O ano pasado, a recadación do seu festival benéfico foi para axudar ás persoas necesitadas da parroquia Santa Baia de Arealonga e este ano, a través da de Nosa Señora da Xunqueira, prestarase axuda a unha familia necesitada desta parroquia. Llovo fixo un chamamento aos veciños para que acudan á gala do sábado porque, aparte de que se van a divertir moito coa representación teatral do grupo de O Noso Lar e que van a gozar das interpretacións musicais, van a colaborar cunha causa tan humana como é aliviar a complicada situación que atravesa unha familia do noso pobo”.

2 de setembro de 2013 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.