publicidade hoxe

Ribadumia acolle “Mentes Creativas” un proxecto para emprendedores promovido por xoves da comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumiaXuventude
A-
A+

Ribadumia convértese este domingo no punto de reunión da mocidade emprendedora da comarca, que se dará cita no proxecto “Mentes Creativas” incluída no programa enmarcado dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

“Mentes creativas” xorde do grupo informal Tecnoxove-Ribadumia, que  pretende utilizar as novas tecnoloxías cunha finalidade lúdica pero produtiva, explorando a súas múltiples utilidades. Consiste no desenvolvemento e instalación de códigos QR naqueles puntos que teñan un certo interese patrimonial, cultural ou medio ambiental do Concello de Ribadumia:  ruta dos muiños de Barrantes, ponte de Barrantes coincidindo co inicio da ruta do Rio Umia,  Ponte de Cabanelas,  ponte de Santa Marta en Pontearnelas, muiños de Batán e Xacemento do Monte do Castro.

A particularidade destes códigos QR é que cada vez que un usuario os escanee cun lector a través do teléfono móbil, este emitirá un arquivo de audio con información específica que lle corresponda a cada lugar. Deste xeito os participantes poderán coñecer a historia, a cultura, o patrimonio dunha forma máis dinámica, accesible, divertida e a través das novas tecnoloxías.

Ademáis colocouse sinalización mediante pictogramas para persoas con autismo e invitouse a participar nas actividades a asociación para a integración de persoas con autismo “Por Dereito”.

O encontro comezará as 11:30H  na rotonda dos Castaños cunha ruta de senderismo pola ruta do Río Umia ata Pontearnelas e no cal se podrá observar o traballo realizado. Logo terá lugar unha comida campestre na Carballeira de Ribadumia  e xa pola tarde haberá diferentes actividades de animación para os participantes.

13 de setembro de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.