publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Publicada a relación de estradas de titularidade municipal do concello de Manzaneda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaManzaneda
A-
A+

A Xunta de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) o recoñecemento e catalogación das estradas municipais do concello de Manzaneda. A totalidade destas ascende a 29 vías secundarias que, en conxunto, comprenden unha lonxitude de 55 quilómetros.O expediente tramitouse ao abeiro dos artigos 6 e 10 da vixente Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, que lle atribúe ao Consello da Xunta a competencia para aprobar a relación e clasificación das estradas de titularidade das entidades locais, en defecto do correspondente plan. O que recolle que se entenderá por rede secundaria as estradas non incluídas nas redes básica e complementaria.

26 de setembro de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.