publicidade hoxe

O executivo de Pontecesures reuníuse cos clubes deportivos locais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontecesures
A-
A+

O pasado xoves tivo lugar un encontro entre os representantes dos clubes deportivos locais que utilizan o campo de fútbol e o pavillón municipais e o goberno municipal de Pontecesures, co obxecto de fixar de común acordo, un horario de uso das devanditas instalación e escoitar as súas suxerencias. Tamén se lle facilitou a cada un dos representantes unha copia da ordenanza de uso de locais municipais, que recolle os dereitos e deberes dos usuarios dos mesmos.

Os representantes dos clubes tamén fixeron constar as melloras a acometer tanto no pavillón coma no campo de fútbol, e estableceuse un calendario de actuacións, tendo en canto as posibilidades económicas do Concello

6 de setembro de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.