publicidade hoxe

O departamento de Servizos Sociais de Meira organiza unha viaxe ao balneario de Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeira
A-
A+

O día 29 de outubro de 2013 terá lugar unha excursión termal dun día ao balneario Baños de Augas Santas en Pantón, na Ribeira Sacra. A excursión ten un custe de 20 euros por persoa e inclúe:

• Autobús con saída desde a Praza do Concello ás 10:00 da mañá.

• Almorzo Buffet no Oca Balneario Augas Santas.

• Visita á adega.

• Circuíto Termal (augas mineromedicinais, baños colectivos)

• Presentación do Programa Termalismo e beneficio dos baños termais.

As persoas que desexen participar na excursión, deberán estar empadroados no Concello de Meira e ser maiores de 50 anos e terán que anotarse na oficina de Servizos Sociais. O número de prazas está limitado polo que se adxudicarán por orde de inscrición. O prazo para anotarse pecharase cando se cubran as 55 prazas das que dispoñemos e como data límite o 18 de outubro. Para o viaxe é necesario levarbañador, gorro e chanclas.

18 de setembro de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.