publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Muras convértese no concello galego con máis aeroxeneradores percibindo axudas anuais de 650.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaMuras
A-
A+

O director xeral da Administración Local, Norberto Uzal, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitaron o Concello de Muras para coñecer os investimentos realizados ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, de man do seu alcalde, Isaac Algnam Azam. Norberto Uzal destacou o compromiso do Goberno galego cos concellos que participan dos beneficios das explotacións eólicas, coma é caso do concello de Muras, que é o concello galego con máis aeroxeneradores, instalados no seu territorio o que repercute nunhas axudas anuais de arredor de 650.000 euros os cales o concello destina para a posta en marcha da Aldea Etnográfica. O proxecto de rehabilitación e posta en marcha da Aldea Etnográfica de Muras é un proxecto pioneiro na comarca chairega que ten entre os seus obxectivos fomentar o turismo rural activo, crear emprego e dar a coñecer esta comarca lucense no eido do turismo rural.

Así, este proxecto xerará actividade económica nun espazo rural situado dentro da rede natura, ubicado na Serra do Xistral e reserva da biosfera, coa idea de recuperar a vida rural nun único espazo cunha serie de actividades enfocadas á vida familiar e relacionadas coa identidade tradicional da Galicia rural. O Fondo de Compensación Ambiental, ademais dun forte compromiso cos concellos e co medio ambiente -está dirixido a actuacións ambientais-, é unha clara mostra da aposta da Xunta polo reequilibrio territorial, xa que beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior de Galicia e suponlles, ano tras ano, unha importante fonte de ingresos nestes momentos de dificultades económicas. O Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010, procedente do canon eólico, e permitiu que por primeira vez os concellos galegos se beneficien directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia.

27 de setembro de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.