publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Javier Aguilera aposta pola internacionalización de Disashop

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCoirósGaliciaLocalProvincias
A-
A+
Aguilera nas instalacións de Disashop

Aguilera nas instalacións de Disashop

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera, visitou as novas instalacións da empresa Disashop en Coirós, onde salientou a importancia da continua mellora da competitividade nos procesos e produtos, xunto coa exploración ou consolidación de mercados exteriores, como clave para garantir o crecemento económico en Galicia.

Aguilera Navarro percorreu as oficinas loxísticas, a planta de ensamblaxe de terminais e o laboratorio de I+D de Disashop, e destacou que tan importante coma os novos investimentos resulta a aposta por accións ou servizos que garantan a mellora da competitividade das empresas e a exploración ou a consolidación en mercados exteriores.

Neste sentido, Disashop dispón dun diagnóstico positivo sobre o seu potencial de internacionalización facilitado a través do programa Reacciona do Igape, mediante o que se ofrece ás pemes servizos avanzados para avanzar en materia de competitividade e mercados exteriores. Ademais, a empresa contará cunha axuda para a contratación dun xestor experto en internacionalización para seguir avanzando neste eido.

Con sede central en Betanzos, Disashop é unha plataforma de distribución de produtos electrónicos prepago que dispón de filiais en lugares como Estados Unidos, República Dominica, Perú ou Colombia.

25 de setembro de 2013 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.