publicidade hoxe

Formación de adultos para obter o graduado en ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilaboa
A-
A+

A concellería de Infraestructuras, Emprego, Promoción Económica retoma, como puxo en marcha a iniciativa o pasado curso, a oferta dun programa de educación de adultos en Vilaboa para que os veciños e veciñas que o desexen poidan optar a sacar o título de graduado en ESO estudiando na casa.

Esta iniciativa é levada a  cabo en colaboración co Centro de Educación de Adultos Radio Ecca, sendo o concello o que poña a dispoñibilidae o local onde impartir as clases e o alumnado. “O pasado curso matricularnose máis de 20 veciños e veciñas e o resultado de aprobados foi bo. Esperamos que este ano volva ter boa acollida e os veciños e veciñas se animen a anotarse para poder volver asinar o convenio co centro e ofertar este curso, xa que a obtención deste título é impresncindible para poder entrar no mercado de traballo”, declarou Ornela Fernández, Tte. Alcalde e responsable da área de emprego.

Estes cursos están pensados para aquelas persoas que polo seu traballo ou dedicación familiar non poden asistir á clase tódolos días, poñendo a disposición dos alumnos dúas clases presenciais á semana, material e profesorado especializado.

O curso sería para comezar no mes do outubro. O prezo para participar neste curso é de 40€ ao mes e as clases presenciais serán na Casa de Cultura de Riomaior. Os interesados poderán obter máis información e inscribirse na oficina do da ADL ou chamando ao 986708215 ext. 4. A data para anotarse remata o vindeiro 27 de setembro.

“Esta iniciativa formativa está dirixida a tódolos interesados en xeral, pero ten en conta dous perfís principias, por un lado,  da xente nova que abandoou a educación secundaria por terse incorporado moi pronto ao mercado laboral, incrementando as taxas de fracaso escolar, e por outra banda, básicamente as mulleres que tiveron que abandoar os estudios por motivos no ámbito familiar.”, declarou Fernández Salgado.

19 de setembro de 2013 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.