publicidade hoxe

Extinguido un lume rexistrado na parroquia de Castiñeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilariño de Conso
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Castiñeira.

O lume iniciouse onte ás 22:10 horas e quedou extinguido ás 04:45 horas desta madrugada. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 20 hectáreas rasas. Na extinción deste lume traballaron 2 axentes forestais, 6 brigadas e 3 motobombas.

Entre os medios aéreos e terrestres que traballan na extinción deste lume atópanse os municipais, autonómicos e estatais, coordinados baixo o mando único da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

19 de setembro de 2013 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.