publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Creación de 173 novas prazas para maiores nos concellos de Muíños, Montederramo e Cualedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedroGaliciaLocalLocal PortadaMontederramoMuíñosOurenseProvincias
A-
A+

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou tres convenios de colaboración cos alcaldes de Muíños, Montederramo e Cualedro para a construción e equipamento dun centro de día residencial en cada un destes concellos, cun orzamento total de 2,3 millóns de euros. En total, as instalacións sumarán 173 prazas.

Estes acordos inscríbense no convenio de colaboración subscrito entre a Xunta e o Estado do 7 de maio de 2012 para a execución de accións en zonas rurais. Polo tanto, para a posta en marcha destes centros, o Goberno central achegará a metade do orzamento global e a Xunta, a outra metade; é dicir, 1,15 millóns de euros cada un.

En Muíños haberá 40 prazas residenciais e 30 de atención diúrna, cun investimento de 180.000 euros neste ano 2013, dos que a metade corresponderán ao departamento autonómico; mentres que co concello de Montederramo asinouse un convenio con vixencia ata 2016 para 24 prazas residenciais e 30 de atención diúrna cun orzamento de 1,4 millóns de euros, 700.000 correspondentes á Xunta; e para Cualedro cóntase cun convenio ata 2015 para a creación de 24 novas prazas e unha inversión de 720.000 euros.

Estas actuacións enmárcanse no plan Impulsa Ourense, que recolle medidas e actuacións dirixidas a mellorar e ampliar os servizos dos residentes nesas provincias, con especial incidencia no rural.

Ademais inscríbense na aposta da Xunta por poñer máis e mellores servizos a disposición dos galegos e galegas e, especialmente, para aqueles colectivos que máis atención precisan, como son os maiores, para os que a Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha esta lexislatura ao redor de 2.000 prazas entre diúrnas, nocturnas e residenciais.

En concreto, na lexislatura anterior incrementáronse en case 900 as prazas residenciais (un 15 por cento máis das que había), ata superar as 6.650; mentres que as prazas de atención diúrna aumentaron en 1.443 (ao redor dun 150 por cento máis), ata acadar as máis de 2.500 actuais.

En total, a Xunta conta cunhas 9.500 prazas de atención a maiores (centros de día, residencias, e centros de día de alzheimer), unha cifra que supera nun 35,9 por cento á que había en 2009.

18 de setembro de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.