publicidade hoxe

Comezan as obras do firme da autovía AG-64 entre Ferrol e Vilalba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs PontesAs SomozasFerrolLocalLocal PortadaNarónProvinciasSan Sadurniño
A-
A+
Plano da autovía afectada polas obras

Plano da autovía afectada polas obras

A Consellería de Medio Ambiente, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) inicia o vindeiro martes, 10 de setembro, as obras de reparación do firme existente na autovía AG-64, Ferrol – Vilalba, no tramo que discorre pola provincia de A Coruña. Esta mellora nas infraestruturas viarias da Xunta foron adxudicadas á empresa Ahcsa por un importe de case 360.000 euros. Con esta actuación, cuxo prazo de execución é de 6 meses, a AXI persegue a mellora da seguridade vial da autovía.

Os traballos de reparación do firme consistirán no fresado dun total de 47.735 m² e reposición de capas en aquelas zonas e enlaces nas que se encontre en mal estado ou presente deformacións.

Como complemento a estas obras levaranse a cabo outro tipo de traballos que permitirán mellorar as condicións actuais da estrada coma a reparación de marcas viais e sinais verticais, a instalación de barreira metálica en peitorís de 1,2 quilómetros, a adecuación de enlaces e medianas, e a corrección de peralte da curva situada no punto quilométrico 16+600.

As obras mellorarán a seguridade viaria da autovía en beneficio de máis de 198.600 habitantes dos concellos de Ferrol, Narón, San Sadurniño, As Somozas e As Pontes, proporcionando unha rede mais eficaz, cómoda e segura.

7 de setembro de 2013 | 23:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.