publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Catro persoas imputadas como presuntos autores de incendios forestais en O Pino e Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoGaliciaLocalO PinoPortada esquerda
A-
A+

A Policía Autonómica vén de informar da imputación de catro persoas coma presuntas autoras de dous incendios forestais nos concellos de O Pino e Culleredo, na provincia da Coruña.

Membros do corpo da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Santiago procederon a imputar a un veciño de Castrofeito, no concello de O Pino (A Coruña) coma presunto autor dun incendio forestal ocorrido no lugar de Santiso da mesma parroquia.

O lume tivo lugar o pasado día 11 e afectou a unha superficie de 93.000 metros cadrados de monte arborado e 20.000 metros cadrados de monte raso. O lume foi orixinado polo escape dunha queima, que nestas épocas do ano están totalmente prohibidas, e na súa extinción foron necesarias as labores do persoal do Distrito III.

Detidos en Culleredo

Pola súa banda, axentes da Xefatura Provincial de A Coruña detiveron a tres veciños de Culleredo (A Coruña) por un suposto delito de incendio forestal en ese concello. O lume produciuse o pasado día 11, na parroquia de Rutis, cando os presuntos autores manipulaban petardos no monte. O incendio afectoulle a unha superficie de 5.000 metros cadrados de superficie rasa. As dilixencias remitironse ao Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.

No que vai de ano, xa son 89 as persoas detidas ou imputadas pola Policía da Xunta de Galicia como presuntos autores de incendios forestais.

15 de setembro de 2013 | 12:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.