publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cartelle beneficiarase dunha axuda de 100.000 euros para a renovación das infraestruturas de saneamento e abastecemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCartelleGaliciaLocalLocal Portada
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración. Foto: A. Varela

Sinatura do convenio de colaboración. Foto: A. Varela

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a alcaldesa de Cartelle, María del Carmen Leyte Coello, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a renovación das infraestruturas na travesía do núcleo rural de Outomuro, en Cartelle, un treito da estrada OU-404 (Celanova – Barral).

A Consellería de Medio Ambiente aportará o 100% do investimento, que se eleva a case 110.000 euros, e que se empregará en mellorar a rede de abastecemento, coa substitución das tubaxes de abastecemento de PVC por outras de polietileno de alta densidade.

Na rede de saneamento, substituiranse as actuais tubaxes de formigón centrifugado con xuntas de morteiro –que presentan un estado de degradación con constantes roturas, fugas, vertidos contaminantes e malos cheiros- por outras novas de PVC compacto con xunta de campá totalmente estancas.

Tamén se fará a preinstalación para o soterramento de cableado aéreo, coa colocación dos tubos de PVC corrugado específicos para unha futura canalización soterrada dos cableados aéreos da instalación eléctrica, iluminación pública e telefonía. Deste xeito, evítase unha posterior rotura do pavimento.

Os traballos rematarán coa reposición de pavimentos rotos pola execución das gabias e substitución de bocas de rego e chaves de paso para acometidas.

Detalles técnicos

A execución desta obra implicará a colocación de máis de 2.000 metros de canalizacións, así como a instalación de 10 pozos de rexistro de formigón para enlazar a rede de saneamento, 4 arquetas para as chaves de corte e bocas de rego e contra incendios.

En relación coas obrigas, o departamento que dirixe Agustín Hernández encargarase de contratar, executar, dirixir, controlar e recibir as obras; mentres que o Concello de Cartelle deberá redactar o documento técnico de definición da obra, obter os permisos, licencias e autorizacións, poñer a disposición da Xunta os terreos libres de cargas e asumir a explotación e conservación das obras.

6 de setembro de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.