publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As melloras previas ao inicio escolar no CPI Terras de Maside e o CEIP Saco e Arce contaron cun investimento de 650.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMasideOurenseProvinciasToén
A-
A+
Xesús Vázquez na visita ás instalacións.

Xesús Vázquez na visita ás instalacións.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CPI Terras de Maside e o CEIP Saco e Arce, nos que se realizaron diversas obras de mellora ao longo do verán e nos que a administración galega leva investidos máis de 660.000 euros, tanto en obras como en equipamento educativo, nos últimos cursos.

Durante o percorrido polo CPI Terras de Maside o conselleiro de Cultura e Educación, xunto ao director Luis Veloso, comprobou as instalacións nas que os máis de 200 alumnas e alumnos matriculados comezaran o curso o vindeiro mércores.

Deste xeito puido certificar os resultados das últimas obras de mellora realizadas neste colexio ao longo do verán e que se corresponden coa segunda fase de urbanización e axardinamento. Unha intervención que eleva a máis de 600.000 euros o orzamento destinado a este centro nos últimos anos e que se engade ás obras de mellora e ampliación correspondentes á creación dun novo edificio que acolle desde hai dous cursos a novas aulas de educación infantil e primaria así como un patio de xogos cuberto. Ademais a Consellería tamén destinou unha partida económica para a biblioteca escolar incluída dentro do Plambe desde o 2011/2012.

CEIP Saco e Arce

Previamente Vázquez Abad visitou o CEIP Saco e Arce no concello ourensán de Toén. Neste colexio comprobou o estado das súas instalacións durante un percorrido no que estivo acompañado pola directora do mesmo, Rocío González Masid, e deste xeito puido comprobar o resultado da obra correspondente á actualización da instalación eléctrica.

No centro, no que se levan investidos máis de 40.000 euros, tamén foron melloradas a instalación de calefacción e illamento. Cabe destacar a súa participación no plan de mellora de bibliotecas desde o curso 2011/2012 e do que se benefician os máis de 80 alumnas e alumnos do colexio.

Durante as súas visitas, o conselleiro estivo acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e pola xefa territorial de Cultura e Educación na provincia, Mercedes Gallego.

Cómpre recordar que este mércores comezarán as aulas 6.361 estudantes da etapa de infantil e 12.757 de primaria nos centros educativos da provincia de Ourense, nos que a través de actuacións tanto en obras de mellora como en dotación de recursos queda de manifesto o compromiso da Xunta de Galicia co ensino público.

9 de setembro de 2013 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.