publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para a Escola Municipal de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Dende o Departamento de Cultura do Concello de Laxe queremos lembrarvos que dende hoxe, 30 de setembro, está aberto o prazo para tramitar as inscricións na Escola de Teatro Municipal e que así o fará ata o 15 de outubro.

A data para o inicio das clases con unha sesión de presentación do curso por parte do profesor da escola, Afonso García, terá lugar o venres 18 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos municipal, á que poderán acudir todas as persoas inscritas na escola, así coma pais/nais ou titores no caso do alumnado menor de idade.

Un ano máis, a ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO abre as súas portas a todas aquelas persoas que, con máis de 3 anos de idade, queiran formar parte da mesma, sen límite de idade, co fin de adquirir habilidades de expresión corporal e oral, realizar obradoiros de maquillaxe, son, iluminación, atrezo e producción, poñer en escena unha obra e facer representacións por toda Galicia así coma intercambios con outras comunidades.

Posto que as prazas son limitadas, terán preferencia na admisión, aquelas persoas que formaran parte da escola en anos anteriores e que primeiro realicen os trámites de matriculación, ben presencialmente nas oficinas do concello ou telemáticamente, enviando toda a documentación que figura nos adxuntos a esta nova vía correo electrónico a cultura@concellodelaxe.com.

Para formalizar a matrícula, cada persoa interesada en ser alumna da Escola Municipal de Teatro, ben sexa menor ou maior de idade,deberá cubrir un par de impresos: aquel denominado coma folla de inscrición e de adquisición de compromisos que, no caso dos menores de idade, incluirá autorización dalgunha persoa maior responsable, e outro impreso de cesión de dereitos de imaxe.

Para maior información, as persoas interesadas, poden atopar os impresos necesarios para matricularse tanto nos arquivos que se adxuntan a esta nova como nas Oficinas Xerais e de Cultura do Concello de Laxe.

30 de setembro de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.