publicidade hoxe

Agolada, Lalín e Silleda mellorarán o subministro eléctrico cunha inversión de máis de 600.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaLalínLocalLocal PortadaPontevedraProvinciasSilleda
A-
A+
Cores Tourís na reunión co rexedor de Agolada

Cores Tourís na reunión co rexedor de Agolada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta tarde o concello de Agolada para, en compaña do alcalde da localidade, Ramiro Varela, anunciar as obras que se van a desenvolver, dentro do Plan de Calidade 2013 da Consellería de Economía e Industria, na comarca do Deza de cara á mellora do subministro eléctrico.

Na visita tamén estivo presente o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial.

En total, na provincia de Pontevedra están previstos por parte das distribuidoras eléctricas investimentos por un total de máis de 10,1 millóns de euros, dos cales máis de 3 millóns serán aportados directamente pola Consellería de Economía e industria a través do Plan de Calidade 2013. “Esto significa que a provincia de Pontevedra recibirá o 53% das axudas aportadas para toda Galicia dentro deste plan”, explicou Cores Tourís, quen insistiu en que en concreto, “no Deza-Tabeirós veranse beneficiados por estas obras os concellos de Agolada, Silleda e Lalín”.

No caso concreto do concello de Agolada, as obras executaranse en Fonte Cantars e na Carretera de Melide. En Lalín, executaranse melloras no subministro eléctrico na parroquia de Cadrón. Ambas obras serán executadas por Hidroélectrica de Arnego.

Pola súa banda, Hidroeléctrica de Silleda levará a cabo traballos en Silleda, en concreto, en liñas de media tensión en Vilanova, así como a instalación de novos centros transformadores en O Burgo-Cortegada e en Pórtico. “En total, o investimento roldará os 600.000 euros”, explicou José Manuel Cores Tourís.

O delegado territorial insistiu no feito de que “sen axudas como as do Plan de Calidade sería imposible manter o servizo no rural en perfectas condicións, porque non sería rentable para as empresas xa que estamos a falar de núcleos de poboación reducida”.

José Manuel Cores Tourís recordou que o Plan de Calidade ten coma obxectivo apoiar as empresas do sector para que executen as obras necesarias que solucionen os problemas de calidade no servizo. “Deste xeito, o obxectivo final é mellorar a calidade e a garantía do subministro, especialmente no rural galego e en concellos como o de Agolada onde hoxe nos atopamos”, engadiu.

O responsable da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra matizou que “dende a administración autónoma queremos apostar por dignificar e mellorar a vida no rural, por eso apostamos polas pequenas distribuidoras eléctricas galegas que colaboran en potenciar o subministro eléctrico nas parroquias”.

10 de setembro de 2013 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.