Ábrese o prazo para anortarse nas actividades deportivas de Vilalba
O próximo día 23 de Setembro, abrese o prazo para anotarse nas escolas deportivas municipais 2013/2014. Para matricularse en calquera das actividades ofertadas, tan só teñen que cubrir un formulario, o cal teñen que presentar na oficina de deportes do Concello en horario de 9 a 15 horas.
A data límite para inscribirse nas actividades será o día 4 de Outubro. Unha vez comezadas as clases das actividades, o alumno/a ten 15 días de prazo (1 de novembro), para cambiar de actividade ou darse de baixa da mesma, sendo devolto o importe na súa totalidade, en caso contrario non se fará modificación algunha.
O importe por actividade e por alumno/a, é de 70 € o ano.