publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta insta ao Concello de Barreiros a impulsar a redacción do Plan Xeral para telo aprobado en 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarreirosLocalLocal PortadaLugo
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, instou novamente ao Concello de Barreiros a impulsar decididamente a tramitación e aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, co fin de que sexa unha realidade no ano 2015.

Así o puxo de manifesto esta mañá durante a súa intervención na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia, onde sinalou que xa se trasladou aos responsables do Concello en maio deste ano a necesidade de impulsar de forma decidida a tramitación do Plan Xeral, para o que contará con todo o apoio da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Deste xeito, albiscarase nun futuro próximo un escenario de seguridade que desbote dunha vez por todas a incerteza actual.

Tras a presentación do documento inicial e obtención do documento de referencia, Rivas considera factible someter este documento a informe previo á aprobación inicial ante a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio dentro deste ano 2013. Así, ao longo do 2014 poderán acadarse as aprobacións municipais plenarias iniciais e provisionais, que sirvan de base para que a Consellería poida aprobar definitivamente o Plan xeral de Barreiros en 2015.

Precisou que o Concello de Barreiros necesita sen máis dilación dun plan xeral que permita a súa ordenación e protección territorial, axustado á situación actual.

Impugnación do TSXG

Sobre a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de impugnar o Plan sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, sinalou que o Tribunal en ningún momento rexeita a finalidade de interese público perseguida polas administracións asinantes do convenio en abril de 2010 (Xunta de Galicia, Concello de Barreiros e Deputación de Lugo). Tan só rexeita o procedemento seguido para acadar a finalidade pública considerando que a vía ou figura que se utilizou de tramitación dun plan sectorial de incidencia supramunicipal non é a correcta, sendo máis propia a actuación perseguida dun instrumento de ordenación urbanística como é o plan xeral de ordenación municipal.

19 de setembro de 2013 | 23:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.