publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A V Feira de Artesanía e Etnografía do Incio acada un gran éxito de convocatoria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocalLocal PortadaLugoO IncioProvincias
A-
A+

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, participou este domingo no Incio na V edición da Feira de Artesanía e Etnografía, que este ano estivo adicada ós traballos relacionados coa madeira e coa cestaría. O organismo provincial colaborou con esta iniciativa, que promociona a vila e activa a economía local, con 3.000 euros, dous profesionais do CENTRAD que fixeron exhibicións en vivo do seu traballo e unha exposición de traxes tradicionais.

A cita comezou ás 11:30 horas coa apertura de varios postos de artesanía, etnografía e alimentación. Durante a xornada, os asistentes puideron participar das actividades e exhibicións que ofreceron os artesáns, como son a cestaría, o traballo da madeira, da lá ou da pedra. O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación cedeu para a ocasión unha colección de traxes tradicionais, que estivo expostas na sala multiusos do Concello do Incio, así como distintas pezas de artesanía.

A programación completouse con demostracións de traballos forestais, música, pasarrúas e xantar popular. Tamén houbo actividades para os máis pequenos e unha exhibición de agility, a cargo da Asociación Canina A Esmorga.

2 de setembro de 2013 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.