publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A rede de camiños da parcelaria do Val de Camba, en Rodeiro, suporá un investimento de 2 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedraProvinciasRodeiro
A-
A+
Quintana na visita a área da parcelaria

Quintana na visita a área da parcelaria

A Consellería do Medio Rural e do Mar investirá un total de 2.109.328 euros na rede de camiños da concentración parcelaria de Val de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro.

A titular deste departamento, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, presidiu hoxe a presentación destas obras.

Esta rede de camiños contará con 69 quilómetros de lonxitude, o que permitirá crear vías de comunicación e de acceso ás novas fincas, destinadas principalmente a prado e a cultivos forraxeiros.

Esta concentración parcelaria atópase na fase de bases definitivas, pola cal se remataron todos os trámites relativos á identificación dos propietarios, das fincas achegadas, a determinación exacta da superficie e a clasificación dos terreos.

O proceso vai permitir a reorganización da propiedade en 1.812 hectáreas pertencentes a 664 propietarios, reducindo considerablemente as 7.036 parcelas existentes.

Ademais desta iniciativa presentada hoxe, neste concello de Rodeiro a Consellería do Medio Rural e do Mar investiu nos últimos anos un total de 436.944 euros en diversas actuacións relacionadas coa mellora de infraestrutura viaria e accesos ás explotacións.

17 de setembro de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.