publicidade hoxe

A recuperación dun caneiro de 1918 aumentará a produción de 20 labregos do Corgo e O Páramo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoO CorgoO PáramoProvincias
A-
A+
Visita ás obras de recuperación do caneiro

Visita ás obras de recuperación do caneiro

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, supervisou as obras de mellora, que está a executar o organismo provincial, no caneiro de Moscán, a carón do río Neira. Estas actuacións, nas que a institución inviste 5.000 euros, serven para recuperar o servizo de rego que dá esta infraestrutura a 14 hectáreas, traballadas por ducias de labregos a ambas dúas marxes do río. A canle divide ós municipios do Corgo e O Páramo, polo que estas obras benefician ós veciños dos dous lados do Neira. López Izquierdo, que estivo acompañada polos regantes, destacou a importancia da recuperación deste caneiro, xa que supón un considerable aforro de custes ós máis de 20 labregos ó que dá servizo, incrementa a produción da súas colleitas, ó tempo que fomenta un uso razoable dos recursos hidráulicos e naturais.

Coa recuperación do caneiro, os veciños que teñen colleitas neste espazo incrementarán a súa produción e reducirán os gastos pola compra de penso para os animais. Segundo os seus cálculos, se anteriormente só recollían unha colleita de herba, agora poderán facelo alomenos en tres ocasións. Ademais, estas obras posibilitan recuperar outras colleitas que precisan regadío, como é o caso do millo.

Afectado polas riadas e sen uso

A Deputación atende a demanda da Comunidade de Regantes de Pacios, que solicitou axuda para reparar a infraestrutura completa de regadío. O caneiro veuse deteriorando dende o ano 2001, cando unha riada levou parte da finca que pechaba a infraestrutura. A canle do río, xunto coa forza da auga, foron provocando danos ano tras ano, ata inutilizalo. Esta situación reducía as posibilidades de negocio dos labregos, herdeiros dos dereitos de rego deste caneiro, que data de 1918. O canal de regadío remata ademais no Muíño de Paz, con máis de 200 anos de antigüidade, feito que dá conta da importancia do regadío nesta zona.

Características da obra

O organismo provincial realiza estas actuacións tendo en conta a preservación do medio natural, xa que esta é unha afamada zona de pesca, e mantendo os materiais e as formas orixinais da construción. O canal arranxase con mampostería, presentando unha altura que vai dende os 80 centímetros ós 2,5 metros de alto, nas inmediacións do Muíño. Ten unha lonxitude de 90 metros. A Deputación preparará o lugar para evitar arrastres, limpará a canal de rego e colocará rexas e sistemas de seguridade. As obras estarán rematadas, aproximadamente, nos vindeiros 15 días.

15 de setembro de 2013 | 15:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.